top of page

Trebellando , é unha ventá  pola que poderedes ollar moitas  cousas ,que dun xeito sinxelo, vós mesmos/as poderedes facer  dende as vosas casas , e para iso ...por que non contar cunhas ou cuns mestres ou mestras coma vós mesmos ....... e diredes  ... pero que é  isto? ...pois nada máis e nada menos que un lugar no que todas as persoas ( nenos , nenas , pais , nais , avós , avoas  ... ) que saiban  facer algo que  crean que é interesante e sinxelo de facer e que  queiran compartir cos demais  (  pois ben sexa nunha gravación co móbil ou nós mesmos dende o colexio gravando ) e poidan  poñelo  neste  Trebellando  para  todos os demais , tanto ten  o que queirades amosar , por exemplo que sabedes facer un postre marabilloso , pois aí queda , que sabemos facer un traballo manual, pois o mesmo , algo interesante do horto , unha técnica de pintura , en fin calquera cousa que estea nas vosas mans  ...

       Animádevos a compartir nesta ventá de trebellando os vosos saberes , ben podedes mandar o video  por un pen drive e darllo á/ao vosa /o titora/or ou ben  se preferides que o gravemos na escola dádesnos o aviso e acordamos un momento , o único  obrigado é que por mor da tecnoloxía  os videos non poden superar os 10 minutiños , polo demais  tan só é cuestión de animarvos , así que veña que xa estamos esperando ...... 

Ao que remate o video...

para que non reinicie:

Dádelle ao pause!

Álex (1º C) facendo reviravoltas na bicicleta.

Icía (5º C) amosa como facer unha fermosa flor.

Aldara (1º C) canta "Bolboretiña"

Álex (1º C) construíndo un coche Lego.

Soleil Noya 2º A, decorando unha bandexa de cristal.

Diego Fraga (2ºA) converte un papel nun rato.

Carla (3º C) facendo filloas.

Adrián Cacheiro (2ºA) conseguindo que  bote un ovo.

Julia Soto (2ºB) elaborando un saboroso biscoito.

Ángela (2ºB) no papel de muller do tempo.

Celtia Neira (2º B) no papel de presentadora de informativos.

Nerea Fariña

(6º A) ensínanos a facer unha manualidade.

Xoel (6ºA) interpretando unha peza musical.

Yago Carreira

(5º C) amósanos como facer unha pulseira.

Jaime

(5º C) trebellando na cociña

bottom of page