top of page

GaLiteratura para o confinamento

A Continuación vos amosamos unha selección de enlaces para que nenas e nenos poidades acceder a lecturas en galego durante este confinamento...

baia edicions.jpg

Recompilación en pdf de lecturas por idades que fai Baia Edicións. Unha iniciativa que conta co beneplácito das súas autoras e autores para axudar a superar o confinamento. Só piden a cambio que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para esta campaña. Facede click na imaxe.

Conto en galego, obra dunha das nosas mestras de PT, Paula. Con esta iniciativa quere colaborar a dinamizar a lectura en galego e achegarnos a temática da primavera e o Maio. Para descargalo en pdf, só tedes que facer click na imaxe. Grazas Paula!

​

Conto Paula PT.jpg
o papagaio.jpg

Recompilación de varios números do xornal O Papagaio en formato dixital. Para acceder a eles, premede na imaxe!

​

Titorial sobre Banda Deseñada que nos achega o Salón do Libro. Nel, o coñecido Kiko da Silva e Fiz (unha das súas creacións) achegan este pequeno curso online porque pensaron que, agora que tedes moito tempo ao estardes confinados nas vosas casas, tal vez sexa un gran momento para poñervos a aprender a debuxar historietas e, quen sabe, provocar así que xurdan novas xeracións de autores/as de BD. Fai click na imaxe!

O-SALON-logo-negativo-141414-340x156px.j
moucho leroucho.jpg

Enlace a un audioconto publicado polo Concello de Cambre no seu facebook. Nel o Moucho Leroucho narranos unha historia aos máis pequenos. Para acceder a el, preme na imaxe.

Plataforma de préstamo temporal de libros, revistas, audiolibros e películas de diversas temáticas e idades en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas co fin de facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Require rexistro previo. Para poder accerder, pica na imaxe.

​

​

GaliciaLE.jpg
bottom of page