Naceu na praza do Peirao de Pontevedra o 28 de outubro do ano 1906 .No ano 1922 comezou os seus estudos de filosofía e letras na universidade de Santiago de Compostela , mais tan só un ano despois , con tan só 17 anos , funda , xunto con Lois Tobío e Fermín Bouza Brey , o seminario de Estudos Galegos
Xosé Filgueira
Valverde
No ano 1927 remata esta carreira na universidade de Zaragoza , neste mesmo ano aínda ten tempo para crear o Museo de Pontevedra , é unha proba máis das súas enormes capacidades , é que ao seguinte ano , remata tamén a carreira de dereito ( con premio extraordinario ) na Universidade de Santiago de Compostela .Ese mesmo ano comezará o seu traballo como docente traballando en Barcelona , Melilla , Lugo finalmente no instituto de Pontevedra onde será director ata 1976 ( ata a súa xubilación ) .
Xosé Filgueira Valverde sempre estivo vencellado a diversos proxectos lingüístico e igualmente sempre foi participante galeguista , primeiramente do partido galeguista , e posteriormente creando xunto con outros a dereita galeguista Tras a guerra civil , colaborou co réxime franquista , chegando a ser alcalde de Pontevedra , tras as primeiras eleccións ao Parlamento Galego no ano 1981 , foi designado Conselleiro de Cultura ( 1982-1983 ) da Xunta de Galicia , dende este cargo defendeu o bilingüismo para o ensino . Ademais foi presidente do Consello da Cultura Galega dende 1990 ata o seu falecemento.
A SÚA OBRA
Xosé Filgueira Valverde , foi un escritor moi prolífico , cunha grande variedade de estilos literarios : poesía , teatro, , ensaio , prosa ...
-
A primeira obra narrativa foi unha recolección de narracións breves: Os nenos, no ano 1925. Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, recollidas todas na serie Adral, editada entre 1979 e 1996.
Ademais da súa extensa obra en castelán , da súa obra en galego comprende os seguintes títulos :
Literatura infantil y juvenil:
-
Agromar. Farsa pra rapaces (1936), firmado baixo o seudónimo J. Acuña.
Narrativa :
-
Os nenos, ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao (1925), Lar.10
-
O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito, con portada de Camilo Díaz (1927), 22
-
Quintana viva, ilustrado por Castelao (1971), Galaxia, ISBN 84-7154-004-5.11
Poesía :
-
6 canciones de mar "in modo antico" (1941), Albor, n.º7, Pamplona.12
Ensaio :
-
O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón Fernández-Oxea (1930).
-
Lago González. Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra.
-
Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso na RAG no 1941.
-
A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980).
-
Historias de Compostela (1982), Galaxia, ISBN 84-7507-059-0.
-
O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988), ISSN 0210-7791.
-
Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989), Ir Indo, ISBN 84-7680-025-8.
-
Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992, Galaxia, ISBN 84-7154-789-9.
-
Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta, ISBN 84-453-1847-0.
Diccionarios:
-
Vocabulario popular galego-castelán, con Lois Tobío, Xulián Magariños e Cordal Carús (1926), Vigo.
Edicións:
-
Cancioneiriño novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.
-
Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.
-
Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega.
-
Enrique Campo (1989), Deputación de Pontevedra.
-
Álvaro Cunqueiro (1991), Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña, 71 p.13
-
Antoloxía do conto galego de medo (1996), Galaxia, ISBN 84-8288-035-7.
Anaco dunha obra de Filgueira Valverde : Os xogos en Quintana viva, Galaxia, Vigo 1990, p 17- 19.
Filgueira Valverde publicou Quintana viva que recolleu Os nenos máis outros contos
Daquela eu vivía nunha casoupa da Conga, aínda non tiña dez anos, era pobre, moi pobre, morrera o meu pai e a miña nai era lavandeira.Na Quintana xogaba a cotío, rebuldeiro, cos meus amigos. Un era Xilo de Pitelos, un rapaz branco e extasiado, un pouco nugallán, pero moi bo, que coñecera na escola da Algalia. Outro era Gorecho, de San Francisco, mouro, croncho e moufeira, un brégolas a quen por vez primeira falara no río do Cuartel. O outro chamábase Lelo e era un saloio da banda do Sar.
Mais eu tiña outro amigo, belido, feituquiño, louro, asalloso, chamábanlle Fis Airas e Sanches de Ulloa e vivía nun pazo da rúa do Vilar. Endexamais souben por que fora meu amigo nin por que eu o fora del. Todos os seráns cando os ferrollos do relo da Catedral escomenzaban a renxer para dar as bateladas das tres, Fis e a súa ama cun feixe de xoguetes subían as escadas da Pratería.
Todos os seráns cando o sino do coro tanxía Vésporas, Fis coa súa ama e o feixe de xoguetes saía pola Conga abaixo.Na envexa con que eu ollaba para Fis agachábase un fondo desprezo. Fis era rico, tiña unha roupa albeira e cariñenta, tiña xoguetes, mais non choutaría dun brinco sete escadas, nin gabearía, cal eu por un pexegueiro. No desprezo con que Fis ollaba para min, gardábase unha tola envexa, eu era un rachado, un brégolas, un borrallento, mais ficaba xogando na praza ata que saían os coengos, en troques que el se ía cando entraban.
Un día fuxiu da súa ama e chegándose a min preguntoume:
-"¿Ti ficas aquí moito tempo xogando cando eu marcho?
"Eu estaba cheo de vergoña. Non sabía falar cun neno da vila.
-¿E ti para que queres sabelo?
-Direiche, é para saber se a sombra da catedral cobre aquela laxe.
-Cando hai sol cóbrea e aínda chega ata acolá adiante.
- ¿E ti vela chegar porque non das lección coa francesa?
- Non señor, ¡que vou dar!O neno da vila mordeu os labios, aqueles beizos pequerrechiños que tiña e sorriu tristeiramente. ¡Era triste, moi triste dar lección coa francesa!
Aquel serán Xito, Gorecho e Lelo ríronse de min a cachón porque falara cun neno rico e a ama de Fis berroulle por falar cun neno probe.Desde entón, sen saber por que nin por que non, xuntos pola desgraza, Fis e eu fomos amigos.