



VOTADE UNHA OLLADA, QUE IMOS COMEZAR!!
Aprendendo cancións con axuda dos pictogramas.
Alumnado de Educación Infantil do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela
CURSO 2021-2022

COÑECE A VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO


GRAZAS AO ALUMNADO DE 5º A DO COLEXIO QUIROGA PALACIOS DE SANTIAGO
NON HAI FRONTEIRAS



CURSO 2020 / 21
Clica na imaxe para acceder aos videos
Mes da ciencia en galego

No ano 2001, a UNESCO, declarou o 10 de novembro "Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento". A carón desta data e a través das bibliotecas escolares, como eixo que vertebra as aprendizaxes na escola, en Galicia, celebramos o MES DA CIENCIA EN GALEGO, co fin de visibilizar que o noso idioma é válido en calquera ámbito da vida.
A Institución Galega da Ciencia dedica, como todos os anos, o mes a dous científicos: un estranxeiro Robert kock; e, outro galego, Ernesto Viéitez Cotizo.
Podedes atopar máis información destes científicos no Portal da Lingua Galega.
Nós desde esta bitácora, para conmemorar dita data e mes, propóñevosvos que vos animedes a facer un destes experimentos en familia:
EXPERIMENTO 1: SÓLIDO OU LÍQUIDO?
OBXECTIVO: observar como se comportan determinados líquidos ao exercer distintas presiones sobre eles.
MATERIAIS:
-
UN RECIPIENTE.
-
MAICENA.
-
AUGA.
PROCEDEMENTO:
-
Botamos maicena nun recipiente.
-
Engadimos auga pouco a pouco.
-
Introducimos lentamente as mans e comprobamos que a textura é líquida.
-
Damos un golpe forte para comprobar que se comporta como un sólido.
EXPLICACIÓN: Trátase dun fluído que se caracteriza porque a súa viscosidade depende da forza que se aplique sobre el.
EXPERIMENTO 2: A BOLSA IRROMPIBLE.
OBXECTIVO: Atravesar unha bolsa chea de auga con lapis e que a auga non se escape.
MATERIAIS:
-
1 bolsa de plástico con autopeche.
-
Auga.
-
Lapis de cores ben afiados.
PROCEDEMENTO:
-
Encher unha bolsa con auga e despois pechala ben.
-
Con decisión atravesala con varios lapis.
EXPLICACIÓN: O plástico está formado por polimeros que, ao ser atravesados polos lapis, agrúpanse arredor deles evitando a saída da auga por presión.
SE O FACEDES MANDADE UNHA FOTO CO RESULTADO AO CORREO: aulapatriwff@gmail.com, tedes ata o día 27 de novembro do 2020 para mandalas.
UN SAÚDO O EQUIPO DE EDLG!!!!!!!!



Ou un vídeo ao correo: ceipwenceslaomariarodriguez@gmail.com
Eiquí tedes algúns dos experimentos que se fixeron estes días. Grazas pola vosa colaboración!!!
o resultado foi xenial!!! sodes unhas grandes científicas!!!!!
.jpg)
Clicade na imaxe para ver o experimento de Daniela de 2º EP
Grazas Ariana por participar!!!, mirade o seu resultado!!!unha gran científica sen dúbida!!!
![IMG_20201025_111853[1].jpg](https://static.wixstatic.com/media/b3176a_19e49b742bb64d479cd55655d530d3dd~mv2.jpg/v1/crop/x_0,y_874,w_3501,h_2059/fill/w_456,h_268,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/IMG_20201025_111853%5B1%5D.jpg)

Grazas, Susana e familia, por este agasallo feito dende o corazón
CURSO 2019 -2020
(Facer click neste título para obter
información máis ampla)

Un pouco de música...
A comunidade educativa do IES Chapela (Redondela) gravou o seu particular"mannequin challenge" polo galego.
E ... Terra de Tanxungueiras en linguaxe de signos