top of page

 O RECUNCHO DA POESÍA é unha pequena xanela pola que todos/as nós asomaremos  as palabras máis queridas por nós  para contar ao mundo  as nosas emocións .

Aquí expoñeranse as poesías traballadas e escollidas polas clases  ou ben por quen quixera enviarnos  a modo particular algunha preferencia ou algunha poesía propia 

 

Semana da conmemoración do aniversario de ROSALÍA  DE 

CASTRO

IMG_20210224_123727.jpg
IMG_20210224_123708.jpg
IMG_20210224_123926.jpg

ENVELLECER

 

 

 

 

 

Ana María Fernández, escritora galega nacida en Palma de Mallorca, ten, no seu libro ""Amar e outros verbos", un dos poemas máis fermosos dedicados a vellez en lingua galega, titúlase Envellecer

 

Mira os avós.

Antes eran máis grandes,

máis altos,

máis anchos...

pero devecen coma as follas sen zume.

 

Aseguran que o tempo é o único culpable,

un furtivo que chega cos dentes afiados

a cravárselles no rostro

mentres dormen

mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns

ou xogan coma nenos.

 

A miúdo falan de vidas que pasaron

e argallan historias,

ao quentaren as mans

sobre a seda dos lumes.

 

Os avós envellecen devagar,

pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,

porque gardan

o segredo do futuro,

máis alá dos seus ollos pequenos.

ANTÓN TEIXEIRO VISTO POL@S ALUMN@S DE 6º

Traballo de Lucía de la Colina Pascual de 6ºB .

Este mes adicamos o noso recuncho da poesía A Gloria Sánchez García.

Aquí tedes unha breve presentación elaborada polos nenos e nenas de 5º. Esperamos que vos guste.

Unknown Track - Unknown Artist
00:00 / 00:00

Aconsellamos escoitar este tema para ver a presentación.

O Son do Ar: Luar na Lubre.

Álvaro Cunqueiro pol@s nen@s de 3º e 4º

O NOSO CONCURSO DE POESÍA

ESTA CAIXA QUE ESTABA NA BIBLIOTECA,

FOISE ENCHENDO DAS VOSAS POESÍAS

MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR

PREMIADOS

2º CICLO

POLA TÚA POESÍA

" O LIBRO",

GRAZAS MARÍA.

3º CICLO

MARÍA DO 2º CICLO PROPÓN QUE IMAXINEMOS,

GRAZAS.

1º CICLO

SOLEIL FIXO AO SEU CAN FAMOSO

"O KRISPY".

MOITAS GRAZAS

bottom of page