top of page

Contidos e ocio en galego para esta época de confinamento

Neste apartado recompilamos unha serie de portais con contidos, actividades e ocio en galego para estas datas.

Poderás acceder a eles facendo tan só un click dentro do seu logotipo.

Pero antes... tamén nos gustaría compartir unha versión en galego dunha canción moi coñecida, realizada nestas datas por un amplo colectivo de artistas da verbena galega.

​

Nela, unha mensaxe alentadora para pequenos e non tan pequenos...

 

ÁNIMO FAMILIAS! 

Recompilación de portais con contido en lingua galega

aulasgalegas512.png

Portal educativo realizado por un colectivo de docentes sen ánimo de lucro para axudar á comunidade educativa a atopar recursos e materiais educativos en galego

digochoeu.jpeg

#DígochoEu son tips en formato de video onde se aclaran dúbidas cotiás co propósito de falar e escribir en galego un pouco mellor cada día de 2020. Pódense atopar tanto na web da CRTVG  como en Youtube.

 

​

instagal.png

#Instagal é unha iniciativa da CRTVG na que cada semana se propón nas súas redes unha palabra co fin de que calquera usuario envie os sinónimos que se empregan na súa zona e así coñecer o uso deste término nas distintas variedades dialectais da comunidade. Ao final da semana analízanse todos os termos enviados cada semana nun vídeo de Youtube.

Pinchando no logo poderase acceder a todos os termos analizados ata o momento. Esta actividade resulta coñecida para parte do alumnado do centro, pois algunha aula participaba nesta iniciativa, como ben se menciona neste vídeo.

​

​

xabarin.jpg

Xabarín, da CRTVG, permite ver os debuxos animados 100% en galego. Ademais de xogos, cancións, audio-contos e actividades. A app incorpora un control parental. Neste espazo pode accederse aos programas sobre ciencia escolar:  Aquelando e 

Aquelando na casa.

Pequepeixe.png

En PequePeixe podes achegarte á ribeira e descubrir algunhas cousiñas, que farán que coñezas mellor o mar e a súa fala. 

Poderase acceder a unidades didácticas para nenas e nenos de 3 a 15 anos que queiran coñecer máis cousas sobre o mar, a pesca e a súa terminoloxía en galego.

desmontando galicia.jpg

Desmontando Galicia é un programa da CRTVG que trata de descubrir os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural da nosa terra.

Neste enlace poderase acceder a tódolos programas xa emitidos, os cales axudarán a entender os xeitos de vida da nosa terra e a súa evolución sen límites espaciais e temporais grazas ás integracións 3D.

KTV.jpg

Nesta canle de televisión en liña será posible acceder a contos contados en galego, coñecer os creadores dos libros de Kalandraka e saber máis das súas obras e do seu proceso de traballo.

galiciaencantada.jpeg

Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Pódese percorrer Galicia a partir de lendas.

unpaisen360.jpg

Un país en 360 é un programa da CRTVG gravado con cámaras 360 co fin de achegar o patrimonio cultural e monumental de Galicia dunha forma inmersiva porque o espectador vai estar no centro de acción.

Dende aquí podes acceder a todo o seu contido emitido.

bottom of page