top of page
No  pasado curso tivemos ocasión de dar comezo ao proxecto " Noutrora " , a primeira fase foi sen  dúbida levada para adiante , grazas á vosa enorme colaboración , que puido deixar a súa pegada nunha fermosa exposición de obxectos de " Noutrora " , na nosa idea está que este ano poidamos seguir este proxecto ne recuperación , mais nunha segunda fase as pescudas levaranse cara ao patrimonio inmaterial , ese do que forman parte  os vellos contos , lendas , ditos , xogos , coplas , costumes...aquí tedes un recordo desa fermosa exposición e en breve daremos continuidade a esta marabillosa andaina , na procura dos nosos vencellos co pasado...
bottom of page